Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello actualiza o contido das pantallas interactivas de Novas Tecnoloxías incluíndo información sobre a nova edición do Arde Lucus

O Concello actualiza o contido das pantallas interactivas de Novas Tecnoloxías incluíndo información sobre a nova edición do Arde Lucus

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Información turística,
    • Infraestruturas,
    • Novas tecnoloxías,
    • Urbanismo
Xoves, 13 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello actualiza o contido das pantallas interactivas de Novas Tecnoloxías incluíndo información sobre a nova edición do Arde Lucus

O Concello de Lugo vén de actualizar os contidos das pantallas dixitais interactivas situadas no exterior do edificio de Novas Tecnoloxías, na Praza Anxo Fernández Gómez, con información sobre a nova edición do Arde Lucus, que dará comezo esta mesma tarde. Así o avanzou o edil Mauricio Repetto, quen subliñou que “nos dispositivos tamén figura información sobre a hostalería e o comercio lucense, polo que tanto a veciñanza do municipio como as numerosas persoas que visitarán a nosa cidade esta fin de semana poderán acceder, a través destes soportes a información comercial e de interese dun xeito áxil e interactivo”.

O concelleiro destacou que “os novos contidos foron desenvolvidos polo alumnado e profesorado do obradoiro de emprego e formación ArquivaLugo, que se está a desenvolver no CEI Nodus municipal e no que están a participar 20 persoas que se atopaban en situación de desemprego”. Os dispositivos ademais de información comercial e gastronómica, ofrecen contidos de interese para os cidadáns como o programa da festa de recreación histórica ou información sobre proxectos europeos como o DUSI Muramiñae e o LIFE Lugo+Biodinámico, así como un boletín de novas relacionadas coa Unión Europea.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-actualiza-o-contido-das-pantallas-interactivas-de-novas-tecnoloxias-incluindo