Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello activa un dispositivo especial de seguridade ante a alerta laranxa por neve

O Concello activa un dispositivo especial de seguridade ante a alerta laranxa por neve

Todos os servizos de emerxencia estarán dispoñibles para atender calquera incidencia que poida xurdir e esparexerase sal nas vías no caso de ser preciso

A alerta laranxa afectará a partir desta mañá ás 12:00 horas e espérase neve por riba dos 300 metros, cunha acumulación de ata uns 4 centímetros

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Mércores, 22 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ante as previsións meteorolóxicas dunha alerta laranxa por neve, prevista para as próximas horas, o Concello ten activo un dispositivo especial para garantir a seguridade de vehículos e peóns en todo o municipio.

Deste xeito, todos os servizos de emerxencia estarán en alerta para atender calquera incidencia que poida xurdir e retirar a neve nas vías municipais onde dificulte a mobilidade. Ademais, o Concello dispón dunha cantidade suficiente de sal para, no caso de ser preciso, esparexer onde sexa necesario. As reservas de sal son dunhas 20 toneladas.

A alerta afectará a partir desta mañá ás 12:00 horas e espéranse precipitacións en forma de neve por riba dos 300 metros, cunha acumulación de ata uns 4 centímetros na zona centro de Lugo.

Por iso, o Concello recomenda extremar as precaucións ao volante, así como nos desprazamentos peonís ante a posibilidade de neve.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-activa-un-dispositivo-especial-de-seguridade-ante-alerta-laranxa-por-neve