Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello acordoa unha casa da rúa Nova tralo afundimento de parte do seu tellado

O Concello acordoa unha casa da rúa Nova tralo afundimento de parte do seu tellado

  • Tema
    • Urbanismo
Venres, 11 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo acordoou unha vivenda da Rúa Nova, situada no número 133, logo de que este mediodía se afundira parcialmente a cuberta do edificio.

Este suceso ocorreu contra as 13.30 e foi consecuencia das intensas chuvias rexistradas nos últimos días.

Ó ter noticia do acontecido, a Patrulla Verde da Policía Local acudiu ó lugar e acordoou a zona, ó tempo que llo comunicou ó servizo de Arquitectura.

O informe emitido polos técnicos municipais de Arquitectura que se desprazaron ó lugar dálle 24 horas de prazo ós propietarios para que desescombren o lugar e retiren da cuberta os elementos que puideran supoñer un perigo.

O decreto que asinou a delegada de Urbanismo, María Novo, seralle comunicado de inmediato ós propietarios do inmoble, que estaba declarado en ruína.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-acordoa-unha-casa-da-rua-nova-tralo-afundimento-de-parte-do-seu-tellado