O Concello acomete as obras de mellora do abastecemento na rúa Azor, coa substitución de 111 metros de tubarias de fibrocemento por outras de fundición
O alcalde supervisou o inicio dos traballos nesta vía de Lugo, que terán un prazo de dous meses e que irán acompañados da posterior reposición de pavimentos.
O Concello de Lugo destina a esta actuación unha partida que supera do 48.100 euros, que contempla tamén a intervención no perímetro da Praza de San Lourenzo.
Ditas obras levan aparelladas outras intervencións, como a reposición de tapas e arquetas e a renovación de acometidas domiciliarias.
- Tema
- Benestar social,
- Desenvolvemento social,
- Infraestruturas,
- Obras en execución,
- Urbanismo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañado polo edil de Urbanismo, Jorge Bustos, supervisou esta semana o inicio das obras de mellora do sistema de abastecemento de auga que se están a levar a cabo na rúa Azor, unha vía situada entre a avenida da Coruña e a zona de Paradai, que conflúe coa rúa IIlas Cíes. “Con esta actuación imos a substituír as tubarias de fibrocemento por outras de fundación dúctil ao longo de toda a rúa, actuando en algo máis de 111 metros. Desta forma imos evitar futuras roturas na rede de abastecemento, ademais de mellorar o servizo”, explicou o rexedor lucense.
A obra, que conta cunha partida orzamentaria de algo máis de 48.100 euros, contempla ese cambio de tubarias, pero tamén a substitución de tapas e arquetas, a renovación de acometidas domiciliarias, a instalación de bocas de rega e de incendios e, por último, a reposición do pavimento das beirarrúas. Tanto o alcalde como o responsable de Urbanismo interesáronse pola marcha destes traballos, que teñen un prazo de dous meses, pero que están sendo complicados polas adversas condicións meteorolóxicas. Miguel Fernández sinalou que “pese á complexidade de traballar con tanta choiva, as obras van a bo ritmo e confiamos en que podan estar rematadas en dous meses”.
A principal actuación consiste na substitución das tubarias de abastecemento, de fibrocemento, por outras de fundición dúctil, de 125, para non só renovar esta rede senón para evitar roturas nun futuro, tanto na rúa Azor como no ramal de abastecemento que bordea a Praza de San Lourezo, polo seu linde norte. A execución destas traballos esixe o levantado da beirarrúa; a colocación de by pass para o correcto abastecemento do servizo mentres duren as obras; a citada substitución da canalización de fibrocemento pola de fundición e a colocación de novas válvulas de corte, bocas de rego e de incendio onde sexa necesario.
Esta intervención tamén prevé a reposición das acometidas domiciliarias, entre outras melloras. Unha vez rematados estes traballos, repoñerase o pavimento das beirarrúas en todo o ámbito afectado e realizarse a adaptación dos pozos e arquetas que sexa necesario.
Audio
- O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre as obras na Rúa Azor | Descargar mp3 [1]
