Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello abre o procedemento de contratación do servizo de comidas do centro de día Antonio Gandoy

O Concello abre o procedemento de contratación do servizo de comidas do centro de día Antonio Gandoy

A duración de dito contrato será de dous anos, e o orzamento máximo pra a primeira anualidade ascende a uns 67.000 euros. O número estimado de menús mensuais é de 1.161 almorzos, 1.173 xantares e 1.161 merendas

  • Tema
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • Dependencia
Mércores, 13 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deste mércores aprobou a apertura do procedemento de contratación do servizo de comidas ás persoas usuarias do centro de día Antonio Gandoy, que conta con 50 prazas. A duración de dito contrato será de dous anos, podendo ser prorrogado por períodos máximos anuais ata un máximo total de catro anos, e o orzamento máximo pra a primeira anualidade ascende a uns 67.000 euros.

O número estimado de menús menusais é de 1.161 almorzos, 1.173 xantares e 1.161 merendas. Dito servizo prestarase todos os días da semana, de luns a domingo, excepto festivos.

O prazo de presentación de proposicións, que deberá facerse no Rexistro Xeral do Concello, será de 15 días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincial (BOP). Tamén se publicará no perfil do contratante da web do Concello, www.lugo.gal [1].

En materia de benestar, na sesión deste mércores aprobouse definitivamente o expediente de modificación prevista do contrato do servizo de axuda no fogar, entre o Concello e Valoriza Servicios a la Dependencia, S.A., incrementándose o número de horas de atención en 8.854 horas máis, cun prezo anual de 2.3 millóns de euros.

Entre outros asuntos, tamén se acordou adxudicar a Enfermería de Xestión Sociosanitaria, S.L., a execucuón do contrato de 20 prazas en centro de día para atención de persoas maiores, en réxime de atención diúrna, por un importe, a primeira anualidade, de 599,04 euros anuais por praza. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-abre-o-procedemento-de-contratacion-do-servizo-de-comidas-do-centro-de-dia-antonio

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal