Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Club de lectura do Centro de convivencia Fingoi organiza lecturas dramatizadas da obra "Animaliños", de Vidal Bolaño

O Club de lectura do Centro de convivencia Fingoi organiza lecturas dramatizadas da obra "Animaliños", de Vidal Bolaño

Luns, 27 de maio de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, organiza, a través do departamento de Animación Sociocultural unhas lecturas dramatizadas da obra de Roberto Vidal Bolaño “Animaliños”, que terán lugar este mércores, día 29 de maio, no Centro de Convivencia Fingoi.

A actividade, organizada con motivo do Día das Letras Galegas, desenvolverase a partir das 10 da mañá.

As lecturas dramatizadas da obra do autor ó que se lle adicou o Día das Letras Galegas serán dirixidas Paloma Lugilde e intrepretadas polas/os integrantes do Clube de lectura do Centro de Convivencia Fingoi.

Esta é unha actividade libre e aberta a todas as persoias que queiran participar nela.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-club-de-lectura-do-centro-de-convivencia-fingoi-organiza-lecturas-dramatizadas-da-obra-0