Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O ciclo Lugo é Danza continúa co obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia

O ciclo Lugo é Danza continúa co obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia

O ciclo Lugo é Danza continúa co obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia

O obradoiro terá lugar o vindeiro 6 de febreiro na Caixa Negra do MIHL a partir das 18:30 horas

O obradoiro supón a antesala do espectáculo UP2DOWN, que Traspediante desenvolverá no MIHL o venres 7

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Domingo, 02 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ciclo Lugo é Danza continúa co obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou o obradoiro Movemento e Equilibrio en Familia, que impartirá a compañía Traspediante o vindeiro 6 de febreiro, ás 18:30 horas, na Caixa Negra do MIHL, dentro do ciclo Lugo é Danza.

“Trátase dunha actividade para ás familias con nenas e nenos entre 6 e 9 anos na que descubrirán a experimentación do circo e a danza co corpo”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “as nais, pais e nenas e nenos descubrirán os movementos da danza coa parte emocional e sensitiva da vista, ouvido e da memoria muscular”.

Movemento e Equilibrio en Familia supón a antesala a UP2DOWN, espectáculo que Traspediante desenvolverá no MIHL o venres 7. Movemento e Equilibrio en Familia ten un aforo limitado a 15 nenos e nenas máis dúas persoas acompañantes por cada un. As inscricións realizaranse chamando ao teléfono 010.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-ciclo-lugo-e-danza-continua-co-obradoiro-movemento-e-equilibrio-en-familia