Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O ciclo de Saúde Feminina impulsado pola área de Muller aborda o xoves os cambios e tratamentos da menopausia

O ciclo de Saúde Feminina impulsado pola área de Muller aborda o xoves os cambios e tratamentos da menopausia

A asistencia á xornada, impartida por dúas doutoras do Servizo de Xinecoloxía do Hula, será gratuíta e terá lugar no Vello Cárcere a partir das 18.00 horas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Igualdade,
    • Sanidade
Martes, 06 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ciclo de Saúde Feminina impulsado pola área de Muller aborda o xoves os cambios e tratamentos da menopausia

A área de Muller e Igualdade do Concello de Lugo, que dirixe Ángeles Novo, sigue adiante co desenvolvemento das xornadas de Saúde Feminina, un ciclo que o xoves, día 8 de maio, abordará unha nova charla sobre a menopausia, que estará impartida polas doutoras Raña e Varela, do Servizo de Xinecoloxía do Hula. A asistencia a esta actividade, que é gratuíta, se desenvolverá no Vello  Cárcere a partir das 18.00 horas.

Esta nova conferencia abordará os principais síntomas da menopausia, os cambios, tanto físicos como emocionais, que se producen na muller e tamén os distintos tratamentos para frear ou paliar algunhas das consecuencias derivadas deste cambio, desde as terapias hormonais á adopción dun estilo de vida e duns hábitos máis saudables e beneficiosos para a muller. A edil Ángeles Novo, sinala que “con esta nova xornada o noso obxectivo é afondar na saúde das mulleres e de dar visibilidade a esta etapa, normal e común na vida de toda muller, para o que contaremos con dúas expertas na materia, que aportarán luz sobre un dos temas máis demandados e que suscita maior interese no que respecta á saúde feminina”.

As ponencias e obradoiros deste ciclo, que comezou o pasado mes de abril e que se desenvolverá ata xuño, abordará en próximas datas temas como “a saúde bucodental na muller”, para o que se contará coa colaboración da Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo e sobre “O Lipedema: a importancia do exercicio na muller”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-ciclo-de-saude-feminina-impulsado-pola-area-de-muller-aborda-o-xoves-os-cambios-e