O ciclo de Noites de cine continúa coa proxección de O alquimista impaciente
O ciclo Noites de Cine englobado no programa de …no verán ¡Lugo xa conecta! organizado pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela continúa mañá xoves 7 de agosto coa proxeción de O alquimista impaciente.
Un cadáver desnudo, sin rastros de violencia, aparece atado a unha cama nun motel de carretera. Trátase ou non dun crime? O sarxento Bevilacqua, atípico investigador criminal da Guardia Civil, e o seu axudante, Chamorro, reciben a orde de resolver o enigma. A investigación que sigue non é unha mera pesquisa policial. O sarxento e o seu axudante deberán chegar ao lado oscuro e inconfesable da vítima, a súa sorprendente vida secreta, así como ás persoas que a rodeaban, na súa familia, na central nuclear onde traballaba… e desentrañar o cada vez máis complexo entramado de cartos e intereses que os levará a varias cidades. Pero a clave, como na alquimia, está na paciencia; a que necesitarán os investigadores e tamén a que lles faltou, dun modo ou outro, ás personaxes coas que tropezan na súa búsqueda.
Dirixida por Patricia Ferreira a película, basada na novela de Lorenzo Silva, conta coa participación de Ingrid Rubio [1], Roberto Enríquez [2], Chete Lera [3], Adriana Ozores [4], Miguel Ángel Solá [5], Jordi Dauder, Nacho Vidal, Valeria Arribas, Monti Castiñeiras, José Linuesa, Mariana Santángelo e Miguel Zúñiga.
A proxección terá lugar, como cada xoves, a partir das 21:00 horas no Telecentro do Castiñeiro. Con posterioridade á proxección os asistentes poderán participar nun debate virtual sobre a película.
