Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Centro Social Municipal de Fingoi acolle a obra de teatro Viaxe á peor fin do mundo

O Centro Social Municipal de Fingoi acolle a obra de teatro Viaxe á peor fin do mundo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Grupo de Teatro Gamusinos representará no Centro Social de Fingoi a obra de teatro Viaxe á peor fin do mundo. Nenos e maiores poderán disfrutar gratuitamente desta versión do conto Os tres cabelos do demo dos hermanos Grimm, nas dúas sesións que terán lugar hoxe e mañá ás 20:30 horas.

A actuación deste grupo de teatro portugués débese ó intercambio que realizan coa agrupación lucense Achádego, e que recibe a subvención do Concello de Lugo e a Consellería de Vicepresidencia, de Igualdade e do Benestar Social.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibirá ós 20 membros que componen Gamusinos ás 11.30 horas de mañá sábado no Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-centro-social-municipal-de-fingoi-acolle-obra-de-teatro-viaxe-peor-fin-do-mundo