Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Centro de Información Municipal Europe Direct – Lugo convida á cidadanía a tomar “Un Café con Europa”

O Centro de Información Municipal Europe Direct – Lugo convida á cidadanía a tomar “Un Café con Europa”

O Centro de Información do Concello de Lugo Europe Direct-Lugo, convida á cidadanía lucense a tomar, o próximo 16 de decembro, un “Café con Europa”

  • Tema
    • Solidariedade,
    • Cultura e Turismo,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía
Domingo, 08 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Centro de Información Municipal Europe Direct – Lugo convida á cidadanía a tomar “Un Café con Europa”

Nesa xornada, a Comisión Europea en España celebrará un evento na nosa cidade contando coa participación da súa Directora de Comunicación que responderá a todas as dúbidas e preguntas sobre as políticas que está a poñer en marcha a Unión Europea e tamén falará de como benefician á sociedade as medidas desenvolvidas relacionadas coa conservación do medio ambiente, a inmigración, o estímulo ás empresas e Pemes, os programas para os mozos, ou a economía dixital, etc.

Un acto ao que dende o CEI – Nodus se anima a asistir a toda a poboación xa que se trata dunha estupenda ocasión para que a veciñanza poida expor as súas dúbidas e inquietudes con relación ás políticas europeas.

O “Café con Europa” terá lugar no local A Ferretería o 16 de decembro ás 19:30 horas e será aberto ao público. As persoas interesadas deberán inscribirse na seguinte ligazón:
https://www.eventbrite.es/e/entradas-cafe-con-europa-lugo-84717974743?utm_term=eventurl_text. [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-centro-de-informacion-municipal-europe-direct-lugo-convida-cidadania-tomar-un-cafe-con

Ligazóns:
[1] https://www.eventbrite.es/e/entradas-cafe-con-europa-lugo-84717974743?utm_term=eventurl_text