Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Centro de Convivencia de Fingoi organiza unha visita cultural ao Castro de Viladonga e a Santa Eulalia de Bóveda

O Centro de Convivencia de Fingoi organiza unha visita cultural ao Castro de Viladonga e a Santa Eulalia de Bóveda

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 20 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Convivencia Fingoi dentro da programación de actividades de Animación Sociocultural organizadas pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo un obradoiro que baixo o nome de Coñece Lugo fanse visitas a distintos lugares do concello para que se coñeza o que temos máis próximo.

Así, como actividades complementarias véñense desenvolvendo periodicamente visitas a lugares de interés, sobre todo á cidade para coñecer de primeira man os nosos museos.

A próxima saída será este venres 23 de maio  e as persoas que se inscriban van visitar o Castro de Viladonga e as ruínas pre-romanas de Santa Eulalia de Bóveda. A hora de saída será ás 9:00 h. do Centro de Convivencia Fingoi e está prevista a volta ao mesmo lugar como máximo para ás 15:00 h.

Para asistir terán preferencia as persoas que conforman o grupo de Coñece Lugo pero poderán participar o resto dos usuarios do centro e persoas interesadas ata un total de 50 prazas. A inscrición realizarase no Centro de Convivencia de Fingoi e os interesados deberán abonar unha cota de 4,12 € utilizando o modelo 603 de pago de actividades de animación sociocultural.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-centro-de-convivencia-de-fingoi-organiza-unha-visita-cultural-ao-castro-de-viladonga-e-santa