Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Centro de Convivencia de Fingoi acolle unha exposición de debuxos sobre lactancia materna

O Centro de Convivencia de Fingoi acolle unha exposición de debuxos sobre lactancia materna

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 02 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informa que o Centro de Convivencia de Fingoi acollerá unha exposición de debuxos sobre lactancia materna dende o próximo luns 5 de maio.

Esta exposición poderase visitar ata o 5 de xuño no horario de apertura do Centro de Convivencia e está organizada polo Concello de Lugo, dentro das actividades de Animación Sociocultural, e a asociación Bico de Leite.
A exposición está formada por trinta debuxos feitos por nenos e nenas de entre catro e dez anos, nun obradoiro organizado pola asociación Bico de Leite na Biblioteca Nodal, despois de que asistiran a un contacontos teatralizado e musicalizado, que conta unha historia relacionada coa lactancia materna.
Ademais no mes de outubro, coincidindo coa Semana da Lactancia Materna, o Concello de Lugo, a través da Animación Sociocultural, e asociación Bico de Leite organizarán no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra unha charla-obradoiro sobre lactancia materna dirixida aos avós. Poderase obter máis información deste evento no propio centro.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-centro-de-convivencia-de-fingoi-acolle-unha-exposicion-de-debuxos-sobre-lactancia-materna