Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Centro de Convivencia de Fingoi acolle un obradoiro de aleitamento materno para avós e avoas

O Centro de Convivencia de Fingoi acolle un obradoiro de aleitamento materno para avós e avoas

Será o mércores 29 abril ás 11.30 e impartido pola asociación Bico de Leite

  • Tema
    • Igualdade
Luns, 27 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa que o próximo mércores 29 de abril  a partir das 11:30 horas terá lugar un obradoiro de aleitamento materno dirixido a avós e avoas. A actividade será de algo máis dunha hora  de duración.

Trátase dunha actividade de animación sociocultural dirixida por unha profesional da asociación Bico de leite arredor do aleitamento materno e organizada desde os centros de Uxío Novoneyra e Fingoi.

Desta maneira, todos aquelas avoas e avós que estean na etapa da vida na que poidan apoiar ás súas fillas e/ou noras na tarefa do aleitamento materno ou que sintan curiosidade por este tema poden achegarse a Aula C do Centro de Convivencia de Fingoi.

Esta actividade ten como obxectivo normalizar o feito do aleitamento entre as avoas e avós de hoxe en día, desmitificar conceptos erróneos sobre o aleitamento natural e orientar a esta poboación nas formas en que poden axudar.

+ info

  • Cartel do obradoiro | Descargar pdf [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-centro-de-convivencia-de-fingoi-acolle-un-obradoiro-de-aleitamento-materno-para-avos-e-avoas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_publicitario_obradoiro_avoas_bico_de_leite.pdf