Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Cemiterio Municipal de San Froilán acolleu unha nova edición dos Paseos Teatralizados

O Cemiterio Municipal de San Froilán acolleu unha nova edición dos Paseos Teatralizados

Cristina López, como concelleira responsable "demos a coñecer as mulleres máis senlleiras que están neste cemiterio e que tiveron importancia para a historia de Lugo".

O grupo de teatro ACHADEGO foi o encargado de guiar este paseo e lembrar ás mulleres máis representativas da cidade que xacen no cemiterio.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Cemiterio
Domingo, 23 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Cemiterio Municipal de San Froilán acolleu unha nova edición dos Paseos Teatralizados

A concelleiría de Participación e Servizos á Veciñanza ofreceu unha nova iniciativa cultural que se integra na Programación de Primavera do Cemiterio de San Froilán. O Grupo de teatro Achádego realizará unha serie de visitas teatralizadas en diferentes xornadas, rememorando a vida e legado de persoeiros destacados da cidade.

A sesión celebrada centrouse nas mulleres relevantes que deixaron unha marca imborrable na sociedade lucense. O Grupo de teatro Achádego, coa súa interpretación, reviviu as historias destas figuras femininas que contribuíron significativamente ao desenvolvemento cultural e social da cidade.

Cristina López asegurou que  "demos a coñecer as mulleres máis senlleiras que están neste cemiterio e que tiveron importancia para a historia de Lugo" e convida ás veciñas e veciños "a participar nesta iniciativa cultural que busca rescatar a memoria da cidade", e afirmou que as visitas teatralizadas ao Cemiterio son "oportunidades únicas para coñecer o noso pasado nunha instalación referencial de Lugo".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-cemiterio-municipal-de-san-froilan-acolleu-unha-nova-edicion-dos-paseos-teatralizados