Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Cemiterio de San Froilán acollerá este domingo unha nova visita teatralizada coa Familia Pelúdez

O Cemiterio de San Froilán acollerá este domingo unha nova visita teatralizada coa Familia Pelúdez

A actividade, a cargo do grupo de teatro Achádego, será ás 17:30 horas e terá entrada gratuíta, cun aforo máximo de 50 persoas

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Cemiterio
Mércores, 07 de outubro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Cemiterio de San Froilán acollerá este domingo unha nova visita teatralizada coa Familia Pelúdez

O Cemiterio municipal de San Froilán retomará este domingo, 11 de outubro, a súa programación cultural coa celebración dunha nova visita teatralizada a cargo do grupo de teatro Achádego, que nesta ocasión estará protagonizada pola Familia Pelúdez.

Baixo o título “Familia Pelúdez: visitamos o cemiterio coa familia máis entrañable do San Froilán”, a actividade permitirá coñecer o recinto da man de Pelúdez, Filomena, Peludeciño, Vanesa e o “Piriodista”, que visitarán amigos e amigas doutros tempos que están soterrados no cemiterio, xunto con personaxes vinculados á historia das festas de San Froilán.

A representación tamén recuperará a relación de Pelúdez co xornalismo lucense, un personaxe creado para El Progreso e ao que diferentes xornalistas deron vida ao longo da súa historia. Na actualidade, a súa voz corre a cargo de Xosé de Cora Paradela desde 1995.

Durante a visita estarán tamén presentes dous personaxes vinculados ao propio cemiterio: un motorista que participou nas carreiras de motos do San Froilán e unha pulpeira.

  • Domingo, 11 de outubro
  • 17:30 horas
  • Cemiterio municipal de San Froilán
  • Actividade gratuíta
  • Aforo máximo: 50 persoas

Esta nova visita teatralizada retoma, tras a época estival, a programación cultural no Cemiterio de San Froilán, achegando o patrimonio e a historia da cidade ao público a través do teatro e do humor.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-cemiterio-de-san-froilan-acollera-este-domingo-unha-nova-visita-teatralizada-coa-familia