Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O CEI-Nodus acollerá mañá un encontro da Asociación de directivos de Comunicación de Galicia

O CEI-Nodus acollerá mañá un encontro da Asociación de directivos de Comunicación de Galicia

A Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe Rosana Rielo, informa de que a Asociación de directivos de Comunicación de Galicia celebrará mañá, mércores día 20 de maio, o seu encontro anual nas instalacións do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

  • Tema
    • Desenvolvemento local
Martes, 19 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Desenvolvemento Local, que dirixe Rosana Rielo, informa de que a Asociación de directivos de Comunicación de Galicia celebrará mañá, mércores día 20 de maio, o seu encontro anual nas instalacións do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

Con motivo desta xornada terá lugar unha charla que pronunciará Mar Castro sobre o tema Comunicación Emocional. Abordará, entre outros, os seguintes contidos: intelixencia emocional, oratoria emocional, comunicación non verbal e persuasión no ciberespazo.

O acto terá lugar ás 17.00 horas e será aberto ó público. Para asistir á charla é imprescindible confirmar asistencia enviando un correo electrónico á dirección galicia@dircom.org [1].


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-cei-nodus-acollera-mana-un-encontro-da-asociacion-de-directivos-de-comunicacion-de-galicia

Ligazóns:
[1] mailto:galicia@dircom.org