Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O CEI-Nodus acolle unhas xornadas de diagnóstico e servizos avanzados para empresas dirixidos a recén titulados

O CEI-Nodus acolle unhas xornadas de diagnóstico e servizos avanzados para empresas dirixidos a recén titulados

  • Tema
    • Economía
Luns, 20 de xaneiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, participou  esta mañá na inauguración do curso do Programa Re-Acciona organizado polo IGAPE e que está dirixido para mozos e mozas recen titulados.

Así, ata o 3 de febreiro, 23 alumnos asistirán a este curso nas instalacións do Centro deI Empresa e Innovación do Concello de Lugo e que “están a súa disposición por se algún deles é emprendedor e decide abrir unha nova empresa na cidade” segundo Sonia Méndez. No acto tamén participou a Delegada da Xunta, Raquel Arias, que agradeceu ao Concello o ter sempre dispoñible o CEI para todos os cursos e charlas formativas que se organizan.

Este programa ofrece a 135 titulados universitarios a oportunidade de formarse en técnicas e ferramentas de xestión dun xeito práctico, mediante a implicación en proxectos reais en PEMEs galegas, e a tutoría de axentes especializados na prestación deste tipo de servizos.

Curso Coaching para Estilistas

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, vai asistir mañá a unha sesión de coaching dirixido a estilistas e perruqueiros que se vai a celebrar na Sala de Xuntas do CEI-Nodus a partir das 16.00 horas.

A través de esta sesión dirixida polo coach Felipe Garcia facilitaranse ferramentas para a mellora da actitude e da confianza orientadas á mellora da posición competitiva dos negocios e a vender con éxito os servizos que ofrecen.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-cei-nodus-acolle-unhas-xornadas-de-diagnostico-e-servizos-avanzados-para-empresas-dirixidos