Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O CEI-Nodus acolle o III Maratón Empresarial Universitario promovido polo Concello de Lugo e a USC

O CEI-Nodus acolle o III Maratón Empresarial Universitario promovido polo Concello de Lugo e a USC

  • Tema
    • Economía
Xoves, 03 de decembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo e a USC celebraron durante a xornada de hoxe o III Maratón Empresarial Universitario, que se desenvolveu nas instalacións do CEI-Nodus [1].

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou na entrega de premios deste evento que pretende potenciar a cultura emprendedora entre os estudantes universitarios.

Os participantes neste certame deberon simular, en equipos dun máximo de catro persoas, a creación dunha empresa, tomando decisións estratéxicas e operativas nas diferentes áreas para competir cos demais equipos.

O equipo gañador foi o que obtivo os maiores beneficios, e os seus integrantes conseguiron cadanseu bolígrafo dixital e unha estancia de balde nun despacho do CEI-Nodus durante dous anos, no caso de crear unha empresa antes do 31 de decembro de 2010.

O Maratón Empresarial Universitario, dirixido aos mozos e mozas matriculados en calquera universidade galega no actual curso académico, pretende familiarizar aos estudantes co complexo mundo económico no que actúa a empresa, poñéndolle de manifesto as consecuencias das súas decisións. Ademais, potencia habilidades como o traballo en equipo, a análise da información, o proceso de toma de decisións baixo presión, a creatividade ou a xestión do tempo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-cei-nodus-acolle-o-iii-maraton-empresarial-universitario-promovido-polo-concello-de-lugo-e

Ligazóns:
[1] http://cei.lugo.es