Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O CEI informa ós emprendedores sobre os programas de fomento de emprego en empresas de economía social e de fomento do cooperativismo

O CEI informa ós emprendedores sobre os programas de fomento de emprego en empresas de economía social e de fomento do cooperativismo

Xoves, 27 de xuño de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, organizou hoxe, no salón de actos do CEI-NODUS, unha sesión informativa sobre os programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo, convocados pola  Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia no DOG do pasado 19 de xuño.
 
Os técnicos do CEI-NODUS, explicaron ós asistentes cales son as características (beneficiarios, requisitos, documentación, prazos e cuantias das axudas) dos tres programas convocados: fomento do emprego, fomento do acceso á condición de socio/a e impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.

O prazo xenérico de presentación de solicitudes, rematará o vindeiro 19 de xullo. As persoas interesadas en ampliar a información, poderán poñerse en contacto cos técnicos do CEI-NODUS, no teléfono 982 29 74 68.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-cei-informa-os-emprendedores-sobre-os-programas-de-fomento-de-emprego-en-empresas-de