Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Caudal Fest contará con zona de descanso

O Caudal Fest contará con zona de descanso

Estará á venda en www.caudalfest.es [1] a partir do próximo martes, ás 11:00 horas, en forma de parcelas de 2 persoas e só custará 19€ por persoa, incluíndo acceso dende o mediodía do venres ata o mediodía do domingo do festival

Dado o gran número de entradas vendidas, máis de 8.000, e para poder garantir que todo o mundo que ten entrada poida ver os concertos do venres dunha maneira cómoda e segura, pasarase toda a programación prevista na Praza de Santa María ao propio recinto do festival

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 24 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Caudal Fest contará con zona de descanso

Debido á alta afluencia de xente que haberá nesta primeira edición do Caudal Fest, que terá lugar os días 21 e 22 de setebmro, con practicamente toda a ocupación hoteleira ao máximo en Lugo e arredores, o festival contará cun novo servizo de zona de descanso. Nesta zona poderase acampar ao carón do recinto principal, e contará con todas as vantaxes posibles: control de acceso 24 horas, seguridade privada, baños, duchas de auga quente e cafetería, entre outros.

Estará á venda na web oficial do evento, www.caudalfest.es [1], a partir do próximo martes, 28 de agosto, ás 11:00 horas, en forma de parcelas de 2 persoas e só custará 19€ por persoa, incluíndo acceso dende o mediodía do venres ata o mediodía do domingo do festival. Dado que a capacidade é limitada, Caudal Fest fai un chamamento a facer a reserva do espazo canto antes.

Así mesmo, dado o gran número de entradas vendidas, máis de 8.000 a día de hoxe, e para poder garantir que todo o mundo que ten entrada poida ver os concertos do venres 21 de setembro dunha maneira cómoda e segura, pasarase toda a programación antes prevista na Praza de Santa María ao propio recinto do festival, no xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, co obxecto de garantir a seguridade a todas as persoas asistentes. Seguirá sendo de carácter gratuíto e nos próximos días anunciarase a programación final dos artistas e a súa distribución nestes dous días.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-caudal-fest-contara-con-zona-de-descanso

Ligazóns:
[1] http://www.caudalfest.es