Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Campo de fútbol do Polvorín contará co novo céspede artificial para a vindeira tempada

O Campo de fútbol do Polvorín contará co novo céspede artificial para a vindeira tempada

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, anunciou esta mañá que o Consello da Xunta de Galicia aprobou o orzamento de 210.000 euros que a Consellería de Educación vai destinar para as obras de reforma do campo de fútbol de O Polvorín.  

As obras, que acometerá o Concello de Lugo, consistirán na instalación dun novo céspede artificial de última xeración e contan cun orzamento que ascende a 420.000 euros, dos cales o Concello pon 210.000 euros. Os traballos comezarán a principios de xuño e está previsto que rematen antes do principio da nova tempada futbolística.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-campo-de-futbol-do-polvorin-contara-co-novo-cespede-artificial-para-vindeira-tempada