Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O barrio da Milagrosa celebrará unha feira castrexo-romana os días 3, 4 e 5 de maio

O barrio da Milagrosa celebrará unha feira castrexo-romana os días 3, 4 e 5 de maio

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 25 de abril de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá xunto con Valentín Arias e Manuel Méndez, da Asociación de Veciños de A Milagrosa, a Feira Castrexo-Romana da Milagrosa que se vai celebrar o primeiro fin de semana de maio na Praza Agro do Rolo.

Desta maneira, entre o venres 3 e o domingo 5 de maio, veciños e visitantes poderán desfrutar de diferentes actividades como previo ao Arde Lucus entre as que hai un mercado con diferentes postos artesáns, diferentes talleres levados a cabo por diferentes asociacións de Lugo, ou paseos a cabalo gratuítos. Tamén haberá exposicións permanentes, un campamento castrexo e un campamento romano.

Carmen Basadre sinalou que esta actividade forma parte tamén do Lvcvs Cultural coa que se pretende que “en todos os barrios teñan a esencia do Arde Lucus e contribúa a dinamizar tanto os comercios da zona como a actividade da mesma”.

Así, o sábado 4 ás 18:00 horas, comezará un desfile militar que percorrerá as rúas do barrio e que rematará, no punto central de todos os actos, a praza Agro do Rolo. O horario de apertura dos postos será entre as 11:00 e 14:30 e as 16:30 a 21:30 durante todos os días.

www.ardelucus.com [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-barrio-da-milagrosa-celebrara-unha-feira-castrexo-romana-os-dias-3-4-e-5-de-maio

Ligazóns:
[1] http://www.ardelucus.com