Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O barrio da Milagrosa acollerá este venres unha masterclass de baile dentro da campaña de dinamización posta en marcha polo Concello

O barrio da Milagrosa acollerá este venres unha masterclass de baile dentro da campaña de dinamización posta en marcha polo Concello

A actividade terá lugar de 21:00 a 00:00 horas, na rúa Mallorca, e estará impartida polo actual campión de España de bailes caribeños, Jandro Pallares, da escola Ritmo Lugo.

O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor a actividade comercial e hostaleira deste barrio emblemático da cidade, cunha veciñanza exemplo de convivencia e confraternidade.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Música
Mércores, 28 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O barrio da Milagrosa acollerá este venres unha masterclass de baile dentro da campaña de dinamización posta en marcha polo Concello

O barrio da Milagrosa acollerá este venres, 30 de xuño, unha masterclass de baile dentro da campaña de dinamización posta en marcha polo executivo de Lara Méndez. A actividade terá lugar de 21:00 a 00:00 horas, na rúa Mallorca, e estará impartida polo actual campión de España de bailes caribeños, Jandro Pallares, da escola Ritmo Lugo.

Neste senso, a rexedora convidou a toda a veciñanza a “participar con nós nunha noite chea de animación, música, festa e moito baile cos profesores desta escola lucense”. Ademais, avanzou que “para fomentar o consumo na hostalería do barrio, ao remate da actividade haberá un sorteo de 3 ceas dobres”.

O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor o bo facer da actividade comercial e hostaleira da Milagrosa, “un barrio emblemático na cidade e cunha veciñanza exemplo de convivencia e confraternidade”, apuntou Méndez. O plan de dinamización, que parte da área de Desenvolvemento Local, quere contribuír a dignificar a calidade tanto da atención que se dispensa, como do produto que se oferta nesta parte da cidade, fronte a outras mensaxes que tratan de asimiliar esta contorna a unha situación permanente de marxinalidade e conflitividade social.

A iniciativa conta ademais cunha mascota propia: a Milagrosiña, que é un dos eixes deste Plan de dinamización. Unha simpática fada cuxo achádego nos establecementos participantes é chave para gañar vales de compra.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-barrio-da-milagrosa-acollera-este-venres-unha-masterclass-de-baile-dentro-da-campana-de