Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Avaro de Molière pon fin á oitava edición da Mostra de Teatro Clásico

O Avaro de Molière pon fin á oitava edición da Mostra de Teatro Clásico

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 29 de xaneiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Unha das pezas máis importantes de Molière, O Avaro, porá fin á oitava Mostra de Teatro Clásico mañá, mércores 30 de xaneiro, ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire.

Teatro Galileo achegará ós lucenses esta mestura de escenas prácticamente dramáticas con escenas abertamente hilarantes. A historia céntrase na recreación do modo de vida do personaxe principal, Harpagón, dominado polo pecado da avaricia, que o leva a enfrontarse ós seus seres máis queridos e convertelos nos seus inimigos.

Así remata un ciclo organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Caixanova que achegou á cidade as mellores compañías do panorama nacional, entre as que figuran Teatro La Abadía, Ur Teatro ou a Compañía Nacional de Teatro Clásico.

No ambicioso cartel estiveron presentes os grandes mestres do teatro clásico europeo como Shakespeare, Molière, Edmond Rostand, Lope de Vega, José Zorrilla e Carlo Goldoni.

Dende o 22 de xaneiro foron sete as representacións que serduciron coa maxia do teatro ó público asistente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-avaro-de-moliere-pon-fin-oitava-edicion-da-mostra-de-teatro-clasico