Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Auditorio Municipal Gustavo Freire cita este venres a diferentes culturas a través do folclore

O Auditorio Municipal Gustavo Freire cita este venres a diferentes culturas a través do folclore

Carmen Basadre, María Teresa Huguette e Ana Bereciartua presentaron o II Festival Internacional Mural Folk, co que colabora o Concello

  • Tema
    • Solidariedade,
    • Cultura e Turismo,
    • Música,
    • Programación cultural,
    • Emigración e inmigración
Luns, 11 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Auditorio Municipal Gustavo Freire cita este venres a diferentes culturas a través do folclore

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, unha representante da comisión directiva da Asociación Cultural Mural Folk, María Teresa Huguette, e a presidenta da asociación Rioplatenses, Ana Bereciartua, presentaron este luns no Salón de Plenos o II Festival Internacional Mural Fok, que terá lugar o vindeiro venres, 15 de xullo, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. O Concello colabora con este evento, que a edil definiu como “multicultural e multicor, en onde se poderán gozar con distintos ritmos”, dirixido a todos os públicos e a todas as idades.

Durante a presentación, Basadre destacou que este festival, é máis que un certame de música folk, senón que é unha mostra de diversidade cultural e solidariedade, que se reflexa nunha parte da doazón, que irá ao Banco de Alimentos. A Concelleira tamén aproveitou para animar aos lugueses e visitantes a asistir a este espectáculo ao tempo que desexou que esta iniciativa perdure no tempo.

Pola súa banda, dende ambas asociacións agradeceron a colaboración do Concello para poder continuar con este festival que ten como obxectivo “fomentar o diálogo intercultural a través da música e da danza”.

Folk e solidariedade
Todos os interesados en asistir a este festival no que actuarán os grupos Cántigas e Frores e Sol Argentino e o cantautor Walter Cesar, de Uruguay, poden facelo por 5 euros ese mesmo día no propio auditorio. Os colectivos que queiran comprar as entradas de xeito anticipado deberán poñerse en contacto con ambas asociacións por un prezo de 4 euros. O 20% da recaudación será destinado á compra de alimentos para o Banco de Alimentos.

Audio

  • Carmen Basadre, Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-auditorio-municipal-gustavo-freire-cita-este-venres-diferentes-culturas-traves-do-folclore

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/110716_basadre-festival-mural-folk.mp3