Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Arde Lvcvs Cvltvral da paso ao propio Arde Lvcvs con dúas conferencias, un concerto e a presentación dun documental

O Arde Lvcvs Cvltvral da paso ao propio Arde Lvcvs con dúas conferencias, un concerto e a presentación dun documental

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Martes, 11 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Arde Lvcvs Cvltvral da paso ao propio Arde Lvcvs con dúas conferencias, un concerto e a presentación dun documental. Hoxe martes haberá un relatorio, baixo o nome de Habitando a Terra, coa escritora e investigadora Ana Mar Fraga. Mañá será a quenda da licenciada en dereito Beatriz Pelayo, do escritor Daniel Cuadrado e do arqueólogo Marco Almansa, que ofrecerán unha charla sobre o código militar romano e a Hispania Romana. Ambas as dúas, enmarcadas no X Ciclo de Conferencias da Cohors III Lucensium, comezarán ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere. O mércores, tras a finalización da conferencia, aproximadamente ás 21:00 horas, Abraham Cupeiro ofrecerá un concerto.

O xoves 13, presentarase o documental PEPLUM; sobre as películas rodadas en España, baixo a dirección de Eugenio Rodríguez Rego. Será ás 19:00 horas, tamén no centro sociocultural do Vello Cárcere.

Xa ás 21:00 horas arrincarán os festexos do Arde Lvcvs, que cumpren a maioría de idade nesta edición. A Ponte Romana será de novo testemuña da entrada das lexións romanas ao mando de Caio Antistio. Ás 21:30 horas, nas Termas Romanas, os augures bendicirán a todas as tropas e os estandartes.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-arde-lvcvs-cvltvral-da-paso-ao-propio-arde-lvcvs-con-duas-conferencias-un-concerto-e