Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Arde Lucus batalla contra o sexismo

O Arde Lucus batalla contra o sexismo

O Goberno de Lugo puxo en marcha unha campaña co obxectivo de fomentar a importancia de cortar co machismo en todos os espazos, incluíndo tamén estes festexos

  • Tema
    • Igualdade,
    • Linguaxe sexista,
    • Xuventude
Xoves, 22 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lucus batalla contra o sexismo

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe a edil Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha a campaña Arde Lucus Libre de Sexismo, cuxo obxectivo é fomentar a importancia de cortar co machismo e co sexismo en todos os espazos, incluíndo tamén estes festexos.

A iniciativa do  Goberno de Lugo pide non invadir o espazo de ninguén sen o seu consentimento e lembra que o alcohol non xustifica as condutas de abuso, que os piropos e os chistes homófobos, misóxinos, tránsfobos e lesbófos son intolerantes, e que ningunha caracterización é unha invitación ao acoso. Así mesmo recorda non facer comentarios e tocamentos nin calquera outro comportamento sen permiso.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-arde-lucus-batalla-contra-o-sexismo