Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O ambiente festivo xa se respirou este venres nas rúas de Lugo coa VIII Noite Aberta

O ambiente festivo xa se respirou este venres nas rúas de Lugo coa VIII Noite Aberta

  • Tema
    • Comercio,
    • Autónomos
Venres, 29 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ambiente festivo xa se respirsoue este venres nas rúas de Lugo coa VIII Noite Aberta

As Concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico; Benestar Social, Igualdade e Inclusión, e Concello e Cidadanía, Ana Prieto, Ana Abelleira e Rosana Rielo, respectivamente; e outros membros da Corporación Municipal, asistiron este venres ao desfile de moda que inaugurou a VIII Noite Aberta, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo. O Concello de Lugo, dentro do seu impulso polo comercio de proximidade, colaborou con esta iniciativa que pon en valor o comercio local. No desfile, presentado pola artista Lucía Pérez, tamén estivo presente a presidenta de honra e a presidenta deste colectivo, Noral Real e Marta López, así como o Deputado de Innovación, Pablo Rivera.

Na VIII Noite Aberta participaron máis de 90 establecementos do centro da cidade, engalanados de rosa, ofrecendo importantes descontos nos seus produtos e distintas sorpresas nos locais, como actuacións en directo, cátering ou coctelería.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-ambiente-festivo-xa-se-respirsoue-este-venres-nas-ruas-de-lugo-coa-viii-noite-aberta