Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde visitou a nova exposición elaborada polo Colexio Divina Pastora e que está basada na construción da Muralla de Lugo

O Alcalde visitou a nova exposición elaborada polo Colexio Divina Pastora e que está basada na construción da Muralla de Lugo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 30 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegáronse á exposición que co motivo do Arde Lucus celebra o Colexio Divina Pastora- Salesianos, como veñen facendo dende o ano 2008.

Nesta ocasión, a exposición xira entorno á construción e a historia da Muralla de Lugo a través de diferentes épocas e acompañada por maquetas, infografias e fotografías que ilustran como foi a Muralla e como evolucionou ata o día de hoxe. A exposición foi realizada polos propios profesores, pais e nais e alumnos.

López Orozco felicitou a todos os que participaron na elaboración da exposición e “recomendouna para que a poidan visitar todos os lucenses xa que con elo aprenderían a historia da nosa Muralla”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-visitou-nova-exposicion-elaborada-polo-colexio-divina-pastora-e-que-esta-basada-na