Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O alcalde supervisa o avance das obras da Fábrica da Luz, que encaran a súa fase de máximo desenvolvemento e estarán rematadas esta primavera

O alcalde supervisa o avance das obras da Fábrica da Luz, que encaran a súa fase de máximo desenvolvemento e estarán rematadas esta primavera

Fernández lembrou que a rehabilitación da Fábrica da Luz supón “recuperar un dos espazos máis emblemáticos do noso patrimonio industrial para poñelo ao servizo da cidadanía e do desenvolvemento de Lugo”.

 O rexedor salientou que esta infraestrutura “converterase nun motor de impulso para sectores clave como a hostalería, o comercio e o turismo, xerando novas oportunidades arredor dun ámbito fundamental para Lugo como é a súa identidade gastronómica”.

 Repetto destacou destacou a importancia de coordinar esta actuación co entorno natural no que se integra, reforzando o vínculo da cidade co río e xerando un novo punto de atracción cultural e turística nunha zona de especial valor ambiental e paisaxístico.

 O proxecto transformará o histórico edificio situado á beira do Miño nun centro enogastronómico divulgativo, concebido como espazo para a promoción dos produtos locais, a celebración de eventos, actividades formativas e accións vencelladas á cultura gastronómica e vitivinícola.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Martes, 10 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde supervisa o avance das obras da Fábrica da Luz, que encaran a súa fase de máximo desenvolvemento e estarán rematadas esta primavera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, visitou esta mañá a antiga Fábrica da Luz acompañado polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, a concelleira de Igualdade Ángeles Novo, así como técnicos municipais e responsables da empresa adxudicataria, co obxectivo de comprobar in situ o estado de execución dunha actuación que se encamiña cara a súa fase de máximo desenvolvemento xa que estará finalizada esta primavera.

Durante a visita, o rexedor destacou o impacto desta iniciativa e subliñou que esta intervención “avanza razonablemente segundo os prazos previstos a pesar das inclemencias climatolóxicas , consolidándose como unha das actuacións estratéxicas para reforzar o modelo turístico e económico da cidade”. Fernández lembrou que a rehabilitación da Fábrica da Luz supón “recuperar un dos espazos máis emblemáticos do noso patrimonio industrial para poñelo ao servizo da cidadanía e do desenvolvemento de Lugo”.

O proxecto transformará o histórico edificio situado á beira do Miño nun centro enogastronómico divulgativo, concebido como espazo para a promoción dos produtos locais, a celebración de eventos, actividades formativas e accións vencelladas á cultura gastronómica e vitivinícola. A actuación enmárcase dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino e responde a unha estratexia que integra patrimonio, natureza e dinamización económica.

O rexedor salientou que esta infraestrutura “converterase nun motor de impulso para sectores clave como a hostalería, o comercio e o turismo, xerando novas oportunidades arredor dun ámbito fundamental para Lugo como é a súa identidade gastronómica”. O edil puxo en valor que a cidade “segue avanzando nun modelo baseado na calidade, na diferenciación e na posta en valor do talento e dos produtos propios”.

Pola súa banda, Repetto destacou destacou a importancia de coordinar esta actuación co entorno natural no que se integra, reforzando o vínculo da cidade co río e xerando un novo punto de atracción cultural e turística nunha zona de especial valor ambiental e paisaxístico. O edil lemrbou que se trata de un proxecto no que o Goberno local vai da man do sector hostaleiro e dos proutores locais co obxectivo de sumar esforzos para por en valor Lugo os eu potencial turístico.

As obras céntranse na recuperación integral do inmoble, respectando a súa estrutura orixinal e os elementos arquitectónicos de maior valor, ao tempo que se mellora a súa eficiencia enerxética e funcionalidade. Estanse a executar traballos de restauración das fachadas, renovación das carpinterías con solucións de altas prestacións mantendo a estética histórica, mellora da estanqueidade fronte a posibles enchentes do Miño e actualización completa das instalacións interiores. Ademais, habilitaranse espazos diáfanos e versátiles destinados á organización de eventos, degustacións e actividades divulgativas.

A antiga Fábrica da Luz, que a finais do século XIX foi clave no abastecemento eléctrico da cidade, encárase así cara a unha nova etapa como espazo de referencia para a promoción da cultura enogastronómica lucense. A súa apertura, prevista para esta primavera, ampliará a oferta turística e divulgativa de Lugo e contribuirá á dinamización económica da contorna do Miño.

O alcalde concluíu sinalando que “a recuperación da Fábrica da Luz é un exemplo de como Lugo transforma o seu patrimonio en oportunidade, en emprego e en futuro”, reafirmando o compromiso do Concello cun modelo de cidade sostible, innovador e orgulloso da súa identidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-supervisa-o-avance-das-obras-da-fabrica-da-luz-que-encaran-sua-fase-de-maximo