Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde recibiu ó Sindicato Profesional de Policía que celebra unha xuntanza en Lugo

O Alcalde recibiu ó Sindicato Profesional de Policía que celebra unha xuntanza en Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade
Venres, 15 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá a dirixentes do Sindicato Profesional de Policía, nun acto no que tamén participou o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade.

Este sindicato policial está a celebrar en Lugo, durante tres días, a súa Xunta Nacional, na que que participan corenta profesionais do Corpo Nacional de Policía das Escalas Superior, Executiva e de Subinspección.

Cadrando coa reunión de ámbito nacional tamén se desenvolve na nosa cidade a Xunta Rexional do SPP.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-recibiu-o-sindicato-profesional-de-policia-que-celebra-unha-xuntanza-en-lugo