Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde recibiu hoxe a un grupo de 27 estudantes franceses que se atopan de visita en Lugo

O Alcalde recibiu hoxe a un grupo de 27 estudantes franceses que se atopan de visita en Lugo

Venres, 13 de abril de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe a un grupo de 27 escolares procedentes de Francia que efectuaron unha visita á Casa do Concello, ós que lles explicou o funcionamento do Concello e interesouse pola súa vida académica no país galo. Con estes alumnos, que están de intercambio co instituto Virxe dos Ollos Grandes, conversou en francés e animounos a aprender o español.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-recibiu-hoxe-un-grupo-de-27-estudantes-franceses-que-se-atopan-de-visita-en-lugo-0