Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde recibe a visita da embaixadora de Indonesia

O Alcalde recibe a visita da embaixadora de Indonesia

Mércores, 08 de xuño de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo en funcións, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello, a visita da embaixadora de Indonesia en España, Adiyatwidi Adiwoso Asmady.

Adiyatwidi Adiwoso acudiu ata o Concello despois de visitar a Cámara de Comercio de Lugo para establecer unha primeira toma de contacto para futuras relacións comerciais entre a provincia e cidade de Lugo e Indonesia.

A embaixadora entregoulle ao Alcalde en funcións unha metopa de sobremesa có escudo de Indonesia. Pola súa banda, López Orozco, lle entregou un exemplar do libro da Muralla Romana.

Adiwoso aproveitou a súa estancia na cidade para visitar o Centro de Interpretación da Muralla e coñecer a cidade de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-recibe-visita-da-embaixadora-de-indonesia