Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde recibe na Casa do Concello ao equipo lucense que participou no Concurso Nacional de Parques Infantís de Tráfico

O Alcalde recibe na Casa do Concello ao equipo lucense que participou no Concurso Nacional de Parques Infantís de Tráfico

Mércores, 02 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, o Xefe Provincial de Tráfico, Julio González, e os vocrecibiron na Casa do Concello aos membros do equipo lucense participante no XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e no XXX Concurso Nacional de Seguridad Vial en Ciclomotor que se celebrou o pasado mes de maio na cidade.

Esta proba reuniu en Lugo a un total de 89 equipos de toda España, que representaron a 13 Comunidades Autónomas e 70 cidades españolas. Un total 178 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, acompañados de 89 monitores déronse cita nesta competición.

O Alcalde felicitou aos integrantes do equipo lucense Rubén Cansino Rodríguez do Colexio Salesianos e Rubén López Gómez do IES Anxel Fole, que participaron na categoría kart e bicileta, e a José Miguel Rodríguez Fernández do IES Anxel Fole e Iago Vigo Rodríguez do Colexio Divino Maestro da categoría de cilcomotor; polos seus bos resultados nesta proba nacional. "Os lucenses estamos orgullosos de que os representantes da cidade resultaran campións na categoría de ciclomotor e subcampións en karts e bicicleta, sodes un exemplo a seguir para os demais mozos e mozas da cidade".

Os rapaces recibiron como agasallo do Concello un ordenador portátil os participantes en ciclomotor e unha bicicleta os participantes en kart e bicicleta.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-recibe-na-casa-do-concello-ao-equipo-lucense-que-participou-no-concurso-nacional-de