Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde recibe aos campións de España de Alevíns de Fútbol Sala

O Alcalde recibe aos campións de España de Alevíns de Fútbol Sala

  • Tema
    • Deportes
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concellerio de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron aos nove rapaces que se proclamaron recentemente Campións de España de Fútbol Sala na categoría de alevíns e que forman parte do equipo do Colexio dos Maristas.

Os xogadores acudiron ao acto, que tivo lugar ás 12:30 horas no Salón de Plenos, acompañados polo seu adestrador e amosáronlle con satisfacción os seus trofeos ao mandatario municipal. O Alcalde felicitounos polo seu logro e animounos a continuar co seu esforzo, ademais de compaxinar o deporte cos estudios.

José López Orozco entregoulles como agasallos institucionais varias publicacións do Concello e diverso material escolar “como homenaxe da cidade de Lugo ao voso triunfo e ao exemplo que sodes, tanto para os outros rapaces, como para os adultos”, destacou o edil.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-recibe-aos-campions-de-espana-de-alevins-de-futbol-sala