Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O alcalde Miguel Fernández presenta o programa do Mercado de Nadal “Nadalmente Lucense”, que encherá a Praza Maior de actividade, maxia e comercio local

O alcalde Miguel Fernández presenta o programa do Mercado de Nadal “Nadalmente Lucense”, que encherá a Praza Maior de actividade, maxia e comercio local

“Este mercado é moito máis que un espazo de compra é un lugar deseñado para vivir experiencias, para que as nenas e nenos soñen, xoguen e participen da maxia destas datas” sinalou o rexedor.

O calendario inclúe actuacións, obradoiros creativos, xogos tradicionais, contacontos, degustacións de chocolate quente, e a presenza de personaxes moi queridos polo público infantil, como o Señor e a Señora Claus, o Emisario Real Ben-Alí, os seus elfos e paxes.

“O noso obxectivo é dinamizar o comercio e reforzar as vendas nun período decisivo do ano. Estas actividades crean fluxo de público, fan máis atractiva a visita ao centro e achegan ás familias a un espazo que combina tradición, ocio e consumo responsable”, sinalou Repetto.

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local
Xoves, 04 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde Miguel Fernández presenta o programa do Mercado de Nadal “Nadalmente Lucense”, que encherá a Praza Maior de actividade, maxia e comercio local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o edil de dinamización Económica, Mauricio Repetto, presentaron hoxe o programa completo do Mercado de Nadal “Nadalmente Lucense”, unha proposta integral de dinamización que converterá a Praza Maior nun espacio vivo e festivo entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro. O mercado, que funcionará en horario de mañá e tarde -agás os días 24 e 31, cando abrirá só pola mañá, e os días 25 e 1, que permanecerá pechado- contará cunha ampla programación de actividades pensadas para acompañar a actividade comercial e reforzar a presenza de público durante todo o período de Nadal.

O calendario inclúe actuacións, obradoiros creativos, xogos tradicionais, contacontos, degustacións de chocolate e viño quente, e a presenza de personaxes moi queridos polo público infantil, como o Señor e a Señora Claus, o Emisario Real Ben-Alí, os seus elfos e paxes. Estes espazos, como o Fogar do Santa, O Oasis de Ben-Alí, A Pequena Fábrica ou o poboado miúdo, permitirán ás familias mergullarse na tradición destas datas, creando un ambiente cálido e participativo no corazón da cidade. Ademais, o mercado incorporará cabanas especialmente habilitadas para espectáculos, actividades de creación e intervencións de escolas e entidades culturais, reforzando o talento local e o espírito comunitario do Nadal lucense.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, salientou a importancia de ofrecer unha programación pensada para todas as idades, especialmente para o público infantil, que é protagonista natural do Nadal. “Este mercado é moito máis que un espazo de compra é un lugar deseñado para vivir experiencias, para que as nenas e nenos soñen, xoguen e participen da maxia destas datas. Lugo merece un Nadal á altura do que somos, unha cidade acolledora, viva e orgullosa da súa identidade. Iniciativas como esta teñen un impacto directo na nosa economía, pero tamén nas emocións, na convivencia e na maneira de sentir colectivamente o Nadal”, explicou o rexedor.

Pola súa banda, o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, destacou que o programa responde a un obxectivo claro: apoiar ao comercio local e acompañar a unha das épocas de maior actividade para o sector. “O noso obxectivo final é dinamizar o comercio e reforzar as vendas nun período decisivo do ano. Estas actividades crean fluxo de público, fan máis atractiva a visita ao centro e achegan ás familias a un espazo que combina tradición, ocio e consumo responsable. O comercio local é fundamental para Lugo, e con iniciativas como esta reforzamos o seu papel como motor económico e social da cidade”.

O Goberno local reafirma así a súa aposta por un modelo de dinamización que combina actividade económica, cultura, tradición e participación cidadá, consolidando o Mercado “Nadalmente Lucense” como un dos espazos destacados da programación municipal durante as festas.

Máis info

  • Díptico “Nadalmente Lucense” | Descargar pdf [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-miguel-fernandez-presenta-o-programa-do-mercado-de-nadal-nadalmente-lucense-que

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/mercadino_nadal_lugo_2025_-_diptico.pdf