Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde e o Presidente da CEL presentaron hoxe novos servizos para promocionar as empresas de Lugo a través da páxina web do CEI-Nodus

O Alcalde e o Presidente da CEL presentaron hoxe novos servizos para promocionar as empresas de Lugo a través da páxina web do CEI-Nodus

  • Tema
    • Economía
Venres, 25 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da CEL, Eduardo Jiménez, presentaron hoxe os novos servizos para a promoción das empresas de Lugo que ofrece o Concello a través da web do CEI-Nodus, á que se pode acceder tamén desde a páxina do Concello, que a súa vez terá un enlace coa web da Confederación de Empresarios.

Os novos servizos permitirán a todas as empresas da cidade difundir os seus eventos, tamén disporá dun directorio de empresas instaladas en Lugo e tamén se lles dará a oportunidade de dar a coñecer as súas ideas de negocio para captar apoios, tanto económico como para a busca de socio traballador ou dun experto no seu campo empresarial.

Deste xeito, o Concello tamén facilita que estean en internet ás empresas que aínda non teñen presenza nela.

Na presentación destes novos servizos que ofrece o Concello ó empresariado lucense, o Alcalde lembrou que a web do Concello, www.lugo.es [1], recibiu case 797.000 visitas o ano pasado e sinalou que os internautas fixeron máis de 4.820.000 descargas dela no 2010.

cei.lugo.es [2]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-e-o-presidente-da-cel-presentaron-hoxe-novos-servizos-para-promocionar-empresas-de

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://cei.lugo.es