Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde dicta un decreto para garantir o normal funcionamento do Concello ata a constitución do novo Goberno

O Alcalde dicta un decreto para garantir o normal funcionamento do Concello ata a constitución do novo Goberno

  • Tema
    • Igualdade
Luns, 13 de xuño de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Primeira Tenente de Alcalde, Sonia Méndez, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa para informar sobre a organización municipal provisional que traballará ata que o pleno do vindeiro luns día 27 de xuño acorde a composición definitiva do Goberno.

Méndez destacou que o Alcalde de Lugo, José López Orozco, considerou moi importante que se mantivera a actividade normal do Concello durante estes días, así como o normal funcionamento dos servizos. A Primeira Tenente salientou que o obxectivo desta organización municipal provisional pretende que non se interrompa a administración municipal e a atención aos cidadáns, por exemplo, salientou, “que non se paralicen as licenzas ou órdenes de pagos aos provedores”.

A organización provisional, explicou Méndez, consiste na designación de membros da Xunta de Goberno Local, integrada polo Alcalde e Concelleiros e Concelleiras que xa formaban parte do Goberno Local.

A estruturación da organización municipal queda dividida en cinco áreas:

- Área de Alcaldía, Réxime Interior e Protección da Comunidade. Xestionada polo Alcalde de Lugo, José López Orozco.

- Área de Economía e Emprego. Xestionada pola Primeira Tenente de Alcalde, Sonia Méndez.

- Área de Urbanismo, Medio Ambiente, Infraestruturas e Medio Rural. Xestionada polo Concelleiro Lino González Dopeso.

- Área de Servizos Xerais, Benestar Social e Igualdade, Servizos Sociais e Xuventude. Xestionada pola Concelleira Carmen Basadre.

- Área de Cultura, Deportes, Turismo e Educación. Xestionada polo Concelleiro José Manuel Díaz Grandío.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-dicta-un-decreto-para-garantir-o-normal-funcionamento-do-concello-ata-constitucion