Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O alcalde destaca “o compromiso, a profesionalidade e a dedicación da Policía local” no día da súa patroa

O alcalde destaca “o compromiso, a profesionalidade e a dedicación da Policía local” no día da súa patroa

Miguel Fernández asistiu aos actos de conmemoración do 163 aniversario dun corpo do que sinalou “continúa a ser moi valorado e respectado polos veciños e veciñas”.

O rexedor puxo en valor as melloras impulsadas nos últimos anos na Policía Local, que “seguen a facer de Lugo unha das cidades máis seguras e con menos delictos do país”.

Felicitou ás persoas recoñecidas e distinguidas nesta edición, entre as que destacou a medalla da Policía Local de Lugo con distintivo vermello á alcaldesa Paula Alvarellos.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Protección da comunidade
Mércores, 21 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde destaca “o compromiso, a profesionalidade e a dedicación da Policía local” no día da súa patroa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu hoxe os actos de conmemoración do 163 aniversario da Policía Local, que no día da súa patroa, a Virxe dos Ollos Grandes, María Auxiliadora, destacou “o compromiso, a profesionalidade e a dedicación de todos os axentes que integran este corpo”, do que puxo en valor que “continúa a ser moi valorado e respectado pola veciñanza de Lugo”. Neste sentido, subliñou as melloras impulsadas nos últimos anos na Policía Local, “imprescindibles para facer de Lugo unha das cidades máis seguras e nas que se cometen menos delictos de todo o país”. A xornada de hoxe serviu para recoñecer e distinguir a varias persoas, integrantes da Policía Local, como a outras axeas ao corpo. Entre todas elas destacou a sentida homenaxe que se lle fixo á alcaldesa Paula Alvarellos, co recoñecemento  a título póstumo da medalla da Policía Local con distintivo vermello. Miguel Fernández agradeceu esta distinción no nome das e dos concelleiros e tamén “de todos e todas as lucenses porque creo que é o sentir común de toda a cidadanía”, afirmou.

O rexedor municipal falou de “orgullo por este corpo” e lembrou dous acontecementos recentes que “demostraron o compromiso, o esforzo e a dedicación da Policía Local, como foron a tromba de auga e as choivas torrenciais a mediados de abril e o apagón, un acontecemento excepcional e sen precedentes. En ambas situacións, a Policía Local demostrou eficacia, axilidade e eficiencia, nuns momentos nos que era preciso actuar, aportar solucións e dar confianza á cidadanía “.  

Miguel Fernández se referiu aos avances e a modernización do corpo, co incremento do número de efectivos, cun máis completo organigrama de mandos, coas brigadas específicas, pasos adiante que, sinalou, “non serían efectivos sen esa verdadeira vocación de servizo público que distingue a este corpo”.

O alcalde falou da importancia de seguir traballando de forma coordinada coa Policía Local para avanzar nese proceso de modernización co que manter e mellorar un corpo que xa hoxe é garantía de seguridade cidadá. Neste sentido, fixo fincapé en que “De nada sirve que sexamos unha moderna, cómoda e sostible, na que establecer un proxecto de vida, se todo iso non vai unido a garantir un municipio seguro, tranquilo e no que prime a convivencia”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-destaca-o-compromiso-profesionalidade-e-dedicacion-da-policia-local-no-dia-da-sua