Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibiu na Casa do Concello a 50 usuarios do servizo de atención a domicilio de Cruz Vermella

O Alcalde de Lugo recibiu na Casa do Concello a 50 usuarios do servizo de atención a domicilio de Cruz Vermella

Martes, 25 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde na Casa do Concello a un grupo de 50 usuarios do servizo de teleasistencia e atención a domicilio de Cruz Vermella.

López Orozco interesouse polos servizos que utilizan os maiores e faloulles da historia da Casa do Concello.

Por outra banda, o Alcalde escoitou as suxestións e preocupacións dos maiores sobre as pensións, as zonas verdes, e as axudas á dependencia. Ademais, López Orozco animou aos maiores a continuar utilizando as novas tecnoloxías e seguir formándose na utilización dos teléfonos móbiles e Internet.

Como recordo da súa visita cada un recibiu un libro sobre a Semana Santa de Lugo editado polo Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibiu-na-casa-do-concello-50-usuarios-do-servizo-de-atencion-domicilio-de