Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibe a un grupo de 50 xubilados da parroquia asturiana de Colombres

O Alcalde de Lugo recibe a un grupo de 50 xubilados da parroquia asturiana de Colombres

Xoves, 06 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de 50 xubilados da parroquia de Colombres (Asturias) que están a visitar a cidade.

O Alcalde explicoulles os diferentes elementos dos monumentos que poden visitar na cidade como a Catedral ou a Muralla Romana. López Orozco indicoulles que a Muralla cumpre 10 anos como Patrimonio Mundial e que por iso o Concello preparou un programa de celebración baixo o nome de Lugo10.

O mandatario lucense aproveitou tamén a ocasión para afirmar que todos os visitantes son recibidos con amabilidade polos lucenses cando chegan a cidade e desexoulles que disfruten da súa estancia en Lugo.

Como recordo da súa visita o Alcalde entregou aos visitantes asturianos un libro editado polo Concello sobre a Semana Santa de Lugo.

www.lugo10.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibe-un-grupo-de-50-xubilados-da-parroquia-asturiana-de-colombres

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es