Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibe á selección de Lugo de fútbol 11 feminino sub-14 que ven de gañar a Copa Galicia

O Alcalde de Lugo recibe á selección de Lugo de fútbol 11 feminino sub-14 que ven de gañar a Copa Galicia

  • Tema
    • Deportes
Venres, 06 de xuño de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, recibiron esta tarde á selección provincial de Lugo de fútbol feminino  que se proclamaron vencedoras do Campionato Galego de Selecciónos Comarcais sub-14.

A final do Campionato xogado hai poucos días en Santiago enfrentounas á selección de Vigo á que lle ganaron por 2-1.

López Orozco despois de darlles a noraboa sinalou que “esta rapazas están contribuíndo ao cambio de mentalidade na sociedade para que o fútbol sexa un deporte para todos”. Tamén lles lembrou a importancia de seguir cos estudios ademais de xogando ao fútbol.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibe-seleccion-de-lugo-de-futbol-11-feminino-sub-14-que-ven-de-ganar-copa