Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibe ó Ministro de Transportes de Italia e ó Conselleiro do Rei de Marrocos

O Alcalde de Lugo recibe ó Ministro de Transportes de Italia e ó Conselleiro do Rei de Marrocos

  • Tema
    • Urbanismo
Luns, 22 de outubro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ó Ministro de Transportes de Italia, Alessandro Bianchi, e ó Conselleiro da Casa Real de Marrocos, André Azoulay.

Esta visita forma parte dunha viaxe que as autoridades están a realizar por Galicia acompañados polo Presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, Jaime Gil Aluja.

Alesandro Bianchi, que naceu en Roma, foi reitor da Universidade de Regio Calabria e incorporouse á Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España o pasado 18 de outubro no acto de inauguración do curso. Foi alí onde Bianchi explicou que non coñecía Galicia e que quería achegarse persoalmente ás dúas cidades que máis o atraian: Lugo e Santiago.

Bianchi confesou estar “sorprendido da beleza da arquitectura lucense, da muralla romana, da súa xente cun carácter aberto, marabilloso, e coa festa do polbo”.

A súa visita á muralla e á Casa dos Mosaicos permitiulle coñecer de preto o pasado romano da cidade de Lugo e cualificou de “incrible” o estado de conservación dos “tesouros” romanos que posúe a cidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibe-o-ministro-de-transportes-de-italia-e-o-conselleiro-do-rei-de