Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibe no Concello ao Campión Galego de Extreme

O Alcalde de Lugo recibe no Concello ao Campión Galego de Extreme

  • Tema
    • Deportes
Luns, 10 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiu na Casa do Concello ao piloto lucense Isaac Núñez, recente campión galego de velocidade extreme.

O Alcalde manifestou a satisfacción que supón para o conxunto da cidade contar cun campión a nivel Galego nesta categoría deportiva.

Isaac Núñez leva soamente catro anos competindo o ano pasado quedouse ás portas do título acadado este ano en Braga. O piloto aproveitou a ocasión para recomendar que o motociclismo de velocidade se quede nos circuítos e non nas estradas para evitar os posibles accidentes.

López Orozco entregou a Núñez como recordo da súa visita á Casa do Concello unha maqueta da Porta de Santiago da Muralla.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibe-no-concello-ao-campion-galego-de-extreme