Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello á selección española de baloncesto sub-20

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello á selección española de baloncesto sub-20

  • Tema
    • Deportes
Martes, 30 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e outros membros da Corporación Municipal, recibiron esta tarde na Casa do Concello aos xogadores e técnicos da selección española de baloncesto sub-20 que estivo concentrada estes días na cidade.

Os xogadores, que proveñen de todas as zonas do país, comentaron ao alcalde que durantes estes días de traballo antes de viaxar a Roma o vindeiro xoves para participar nun torneo internacional, tiveron tempo de coñecer a festa do Arde Lucus.

O Alcalde desexoulles os maiores éxitos na súa andanza deportiva e manifestou a enorme afición coa que conta o baloncesto na cidade de Lugo.

López Orozco recibiu como agasallo unha camiseta firmada por todos os xogadores do equipo. Pola súa banda, o Alcalde entregou aos técnicos da selección unha réplica da Mosqueira e un pin da Muralla a cada un dos xogadores.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibe-na-casa-do-concello-seleccion-espanola-de-baloncesto-sub-20