Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello aos 9 nenos de San Ildefonso que participarán mañá no sorteo da Lotería Nacional

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello aos 9 nenos de San Ildefonso que participarán mañá no sorteo da Lotería Nacional

Venres, 02 de outubro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá aos 9 nenos e nenas do Colexio de San Ildefonso que participarán no sorteo da Lotería Nacional que se celebrará mañá sábado 3 de outubro no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 13:00 horas.

Esta recepción tivo lugar no despacho de Alcaldía como parte da visita que os rapaces e rapazas están a facer por Lugo e coa que puideron descubrir os museos, a Muralla, a Catedral e outros monumentos que ofrece a cidade.

López Orozco indicou aos rapaces que está desexando “que traian á sorte á cidade e que a Lotería Nacional toque en Lugo”.

Como recordo da súa visita os nenos e nenas de San Ildefonso recibiron un DVD sobre os orixes da cidade, un libro editado polo Concello e un pin da Muralla.

Despois do seu paso polo Concello os rapaces visitaron o recinto feiral das Festas de San Froilán e xantaron nunha das casetas do polbo.

Datos do Sorteo
O sorteo realizarase o mañá sábado ás 13,00 horas no Auditorio Gustavo Freire. Poden acceder todas aquelas persoas que o desexen, posto que é aberto ao público ata completar aforo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibe-na-casa-do-concello-aos-9-nenos-de-san-ildefonso-que-participaran