Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello ao Embaixador de España no Vaticano Francisco Vázquez

O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello ao Embaixador de España no Vaticano Francisco Vázquez

Xoves, 22 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu ao Embaixador de España na Santa Sede, Francisco Vázquez. É a primeira visita institucional que realiza dende que é Embaixador, aínda que fixo numerosas viaxes á cidade como alcalde de A Coruña, fundamentalmente na Ofrenda ao Santísimo que se fai no Corpus lucense.

López Orozco entregoulle como agasallo un libro de Poetas de Lugo, o discurso da Ofrenda ao Santísimo Sacramento feito polo Alcalde cando o Concello de Lugo foi o oferente na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, e tamén unha nova publicación que fai o Concello para este Corpus e que recolle a Oda ao Santísimo Sacramento do Altar de Federico García Lorca.

Francisco Vázquez é Embaixador no Vaticano dende o ano 2006, cando deixou de ser alcalde de A Coruña. O cargo de responsable municipal ocupouno dende o ano 1983 con maioría absoluta, converténdose nun dos alcaldes máis carismáticos da cidade herculina.

O Embaixador asinou no libro de honra do Concello: “Es para mi un gran honor y una gran satisfacción visitar nuevamente la ciudad de Lugo, cuna de nuestra historia y ejemplo permanente de una convivencia basada en los principios de la tolerancia y el respeto, en el afán común del progreso y defensa de los intereses de los ciudadanos. Con todo mi respeto a su Corporación Municipal y mi afecto y admiración a su gran alcalde” .

Posteriormente o Alcalde acompañou ao Embaixador ata o Círculo das Artes onde Francisco Vázquez pronunciaba unha conferencia organizada por Cáritas con motivo do Día da Caridade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibe-na-casa-do-concello-ao-embaixador-de-espana-no-vaticano-francisco