Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibe á Campiona de España Xuvenil de Salto de Altura

O Alcalde de Lugo recibe á Campiona de España Xuvenil de Salto de Altura

  • Tema
    • Deportes
Mércores, 24 de marzo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiu na Casa do Concello á saltadora lucense Paula Ferreiros, campiona de España xuvenil de salto de altura.

A atleta alzouse co título no campionato celebrado en Oviedo hai dúas fins de semana.

O Alcalde destacou o esforzo realizado pola deportista “un esforzo que merece a pena, sobre todo cando un fai o que lle gusta”, e engadiu “es un exemplo para outras mulleres que fan deporte ou que queren comenzar a facelo”.

Pola súa banda a Ferreiros explicou as metas que foi alcanzando na súa andanza deportiva e os beneficios que lle ten reportado o deporte, outra forma de relacionarse e outra forma de conectar a súa vida social e formativa.

O Alcalde entregou á deportista lucense como recordo da súa visita á Casa do Concello unha maqueta da Mosqueira da Muralla.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibe-campiona-de-espana-xuvenil-de-salto-de-altura