Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo recibe a alumnos e profesores de escolas asociadas á UNESCO

O Alcalde de Lugo recibe a alumnos e profesores de escolas asociadas á UNESCO

Venres, 28 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Salón de Plenos do Concello a un grupo de 20 nenos e nenas de 5 a 12 anos e a 14 profesores chegados das escolas asociadas á UNESCO de diversas autonomías de España.

Esta visita enmárcase dentro do II Encuentro de Jóvenes y Patrimonio que se está a celebrar en Santiago de Compostela dende onte venres 28 de novembro e ata mañá domingo día 30.

A finalidade do encontro é que os alumnos e alumnas premiadas no concurso “El patrimonio en mi comunidad autónoma, dentro do Proxecto da Unesco: El Patrimonio en manos de los Jóvenes, comportan experiencias, actividades e visitas a lugares no contorno ao Patrimonio Mundial, polo que visitan Lugo e a Muralla Romana.

Alcalde animou aos rapaces e aos mestres a gozar desta visita a Lugo e descubrir as súas orixes romanas, sobretodo da Muralla que mañá, 30 de novembro, celebrará o seu VIII Aniversario como Patrimonio da Humanidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-recibe-alumnos-e-profesores-de-escolas-asociadas-unesco